Mel multifloral

7,15 

O mel multifloral de “Mel do Saldoiro” (500 gramos) é un tipo de mel 100% natural, cru e fresco. Prodúcese no interior de Galicia e de maneira artesanal, polo que conserva todas as súas propiedades. Este tipo de mel multifloral está composto de néctar de moitas flores de diferentes especies vexetais galegas, sen a dominancia dunha en particular.

Mel multifloral – Mel do Saldoiro

Mel 100% natural, cru e fresco que obtemos por centrifugado en frío dende hai máis de 80 anos. Procede do interior de Galicia onde abundan os castiñeiros, as silvas e os breixos. Prodúcese de maneira artesanal, polo que conserva todas as súas propiedades.

Este tipo de mel pode variar a cor de ámbar claro a ámbar escuro en estado líquido, marrón dourado cando cristaliza, un aroma vexetal e o sabor acedo e salgado destaca sobre o doce.

 

Descrición do mel multifloral de Mel do Saldoiro

Esta variedade de mel natural 100%, cru e fresco é producido polas abellas nos apiarios onde abundan os castiñeiros, as silvas e os breixos. Habitualmente o seu espectro polínico supera o 55% de pole de castiñeiro.

Polas súas características, este mel pode cristalizar. Este é un estado habitual do mel. E cando se presenta desta forma segue conservando todas as súas propiedades nutritivas e terapéuticas. Se se prefire consumir líquido pódese poñer a baño maría.

Propiedades organolépticas do mel multifloral de Mel do Saldoiro

👁️ Aspecto visual con tons que varían entre ámbar e ámbar escuro.

👃 Aroma 100% vexetal.

👅 Sabor principalmente ácido e salgado.

 

Principais características do mel multifloral de Mel do Saldoiro

✅ Extraído por centrifugado en frío.

✅ Rico en minerales.

✅ Rico en diastase.

✅ Certificado polo Consello Regulador Mel de Galicia.

Por que elixir mel multifloral de Mel do Saldoiro?

Este tipo de mel posúe un grande contido mineral, antioxidante e unha riqueza en vitamina C. Se buscas un mel de Galicia, cunha cor que pode variar de ámbar claro a ámbar escuro, cun aroma vexetal onde predomina a esencia floral, o mel multifloral de Mel do Saldoiro é a túa mellor elección.

Recorda que todos os nosos meles son producidos de maneira artesanal no interior de Galicia. Ademais, en Mel do Saldoiro non sometemos os nosos produtos a procesos térmicos que poidan degradar as propiedades naturais do mel, polo que recibirás un produto 100% natural e 100% galego.

En Mel do Saldoiro analizamos todos e cada un dos nosos lotes, estudando os parámetros de humidade, actividade diastática, condutividad, HMF e análise polínica para definir a orixe botánica dos nosos meles.

Información adicional

Peso 0,5 kg
4 reviews for Mel multifloral
  1. Anónimo

    Mel súper rica, estou a desexar probar outras variedades.

  2. Paco

    Desde que coñezo Mel do Saldorio non volvín a comprar mel noutro lugar, 100% recomendable.

  3. Anónimo

    Deliciosa 🙂

  4. Javier

    Teño que dicir que estou moi impresionado con este mel galego! Esperando xa un novo pedido.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.