A HISTORIA DE MEL DO SALDOIRO

Mel do Saldoiro é un negocio familiar, con máis de 80 anos dedicados ao mundo do mel, dende o corazón de Galicia e con todo o traballo e cariño que Antonio Gómez Tapia pon nesta empresa dende que a herdou de seu pai no ano 1996.

COMO NACE MEL DO SALDOIRO

ANO
0
ANO
0

Antonio Gómez Carral nace en Albarellos, nunha parroquia do concello de Lalín no 1898. Na súa madurez e despois de casar con Amelia Fernández Bibián, emigra a Cuba en busca de traballo. 

ANO
0
ANO
0

Pouco despois de regresar de Cuba abren un ultramarinos que rexentan dende a súa propia casa e que servía para abastecer a todas as aldeas limítrofes. É nesta época cando Antonio comeza a sentir curiosidade polo mundo das abellas e a apicultura.

Foto antigua de Antonio antes de emigrar. Mel do Saldoiro
Antonio Gómez Carral antes de emigrar a Cuba
ANO
0
ANO
0

Anos máis tarde coñece a Benigno Ledo escritor de obras como Curso práctico de apicultura e popularmente coñecido como “O cura das abellas”. Ademais, foi o responsable de introducir, por primeira vez en España, a famosa colmea Layens. Dende ese momento, Antonio non deixou de formarse e interesarse polo mundo da apicultura e por todo o relacionado coas abellas e o mel.

Ademais, este mesmo ano, do matrimonio entre Antonio Gómez Carral e Amelia Fernández Bibián nace Tais Gómez Fernández, quen mantén intacto o interese do seu pai polo mundo do mel.

ANO
0
ANO
0

Despois de instalar algunhas colmeas en Albarellos (Lalín), a súa poboación natal, Antonio comeza a envasar o mel producido en botellas de viño, dando así lugar ao seu nome Mel do Saldoiro.

Primera etiqueta de Mel do Saldoiro echa por Antonio.
Primeira etiqueta de Mel do Saldoiro
ANO
0
ANO
0

Tais Gómez Fernández mantén intacto o interese de seu pai polo mundo do mel e continúa rexentando a explotación apícola. 

Los inicios de mel so Saldoiro.
Antonio Gómez Carral co seu fillo e a súa nora continuando a tradición familiar.
ANO
0
ANO
0

Continúa rexentando a explotación apícola marcando un novo fito para Mel do Saldoiro coa súa inscrición no Consello regulador de Mel de Galicia.

ANO
0
ANO
0

Neste ano, Antonio Gómez Tapia, a terceira xeración dende que se iniciou Mel do Saldoiro, toma as rendas do negocio familiar. En pouco tempo, Antonio decide levar a cabo unha nova evolución nas súas colmeas: converter as colmeas Layens en colmeas Langstroth. Esta decisión prodúcese tras comprobar os beneficios a nivel de seguridade e salubridade tanto para as abellas como para o resultado final, o mel.

ANO
0
ANO
0

Un novo fito para Mel do Saldoiro ao conseguir a distinción de bronce nas primeiras catas de mel oficiais organizadas pola Xunta de Galicia. Dende ese ano, Mel do Saldoiro non deixou de recibir diferentes tipos de premios e distincións polas variedades de mel que seguen producindo coa mesma paixón e cariño que nos seus inicios.

Premio entrega de oro con Feijo. Mel do Saldoiro
Recibindo a distinción de ouro do presidente da Xunta de Galicia
ANO
0
ANO
0

Despois de numerosos premios e distincións a nivel nacional, Mel do Saldoiro recibiu este ano os seus primeiros premios internacionais, o Premio de Prata nos Paris International Honey Awards e o selo de ouro nos London Honey Awards, que contaron coa participación de centos de empresas de todo o mundo con meles de produción propia.

Foto en los colmenares de Antonio y su hijo. Mel do Saldoiro.
Ensinando ao meu fillo a tradición familiar.

ÚLTIMOS PREMIOS RECIBIDOS POR MEL DO SALDOIRO

Nas catas oficiais organizadas pola Xunta de Galicia
Logo de Bronce de Mel do Saldoiro
2019

Bronce monofloral castiñeiro

Logo del oro Mel do Saldoiro
2018

Oro monofloral castiñeiro

Logo de Bronce de Mel do Saldoiro
2017

Bronce monofloral castiñeiro

Plata de Mel do Saldoiro
2017

Plata multifloral

Logo de Bronce de Mel do Saldoiro
2016

Bronce multifloral

POR QUE DESTACA MEL DO SALDOIRO?

natural
0 %
aditivos
0 %
premios gañados
+ 0
anos de experiencia
+ 0

COÑECES OS APIARIOS DE MEL DO SALDOIRO?

QUERES SABER MÁIS SOBRE MEL DO SALDOIRO?