Mel monofloral de castaño – Mel do Saldoiro
Trátase dun mel producido no interior de Galicia, con procesos artesanais que permiten obter un mel natural cru e fresco delicioso. Este tipo de mel é recollido polas abellas en terreos onde abundan os castiñeiros. Doutra banda, o seu espectro polínico supera o 70% de pole de castanea sativa..
Este tipo de mel ten unha cor ámbar en estado líquido, marrón dourado cando cristaliza, un aroma vexetal e o sabor acedo e salgado.
Descrición do mel monofloral de castiñeiro de Mel do Saldoiro
Esta variedade de mel natural 100%, cru e fresco é producido polas abellas nos apiarios onde abundan os castiñeiros (castanea sativa). O seu espectro polínico supera o 70% de pole de castiñeiro que é o estipulado polo consello regulador de Mel de Galicia.
Polas súas características, este mel pode cristalizar. Este é un estado habitual do mel, e cando se presenta desta forma segue conservando todas as súas propiedades nutritivas e terapéuticas. Se se prefire consumir líquido pódese poñer a baño maría.
Propiedades organolépticas do mel monofloral de castiñeiro de Mel do Saldoiro
👁️ Aspecto visual con cor ámbar escuro.
👃 Aroma vexetal con certa intensidade.
👅 Sabor acedo e salgado, presentando un certo amargor no retrogusto.
Principais características do mel monofloral de castiñeiro de Mel do Saldoiro
✅ Extraído por centrifugado en frío.
✅ Rico en minerais.
✅ Rico en diastase.
✅ Certificado polo Consello Regulador Mel de Galicia..
Por que elixir mel monofloral de castiñeiro de Mel do Saldoiro?
O mel de castiñeiro é un dos máis ricos en minerais, antioxidantes e vitamina C. Este tipo de mel destaca polo seu contido enerxético e antioxidante, pero tamén pola súa composición nutricional. Este alimento axuda a rexenerar tecidos intestinais, estimula a creación de novos tecidos e actúa como antiinflamatorio natural
Ademais, é moi rico en potasio, calcio, fósforo e magnesio, elementos clave para unha boa circulación sanguínea.
Lembra que todos os nosos meles son producidos de maneira artesanal no interior de Galicia. Ademais, en Mel do Saldoiro non sometemos os nosos produtos a procesos térmicos que poidan degradar as propiedades naturais do mel, polo que recibirás un produto 100% natural e 100% galego.
En Mel do Saldoiro analizamos todos e cada un dos nosos lotes, estudando os parámetros de humidade, actividade diastática, condutividade, HMF e análise polínica para definir a orixe botánica dos nosos meles.
Gonzalo –
Deliciosa, o meu mel favorito.
Jose –
O mel de castiñeiro é a miña favorita e esta de Mel do Saldoiro está buenísima.
María –
Encántame o mel de Galicia e Mel do Saldoiro ten a mellor!!!