Esta variedade de mel natural 100%, cru e fresco, é producido polas abellas en
colmeares situados en zonas onde a silveira é a especie dominante. O seu espectro
polínico cumpre cos requisitos establecidos polo Consello Regulador da Mel de Galicia,
garantindo a súa orixe botánica e a súa calidade.
Polas súas características, este mel pode cristalizar con facilidade en tons claros. A
cristalización é un proceso natural que non afecta ás súas cualidades nutricionais nin ás súas
propiedades. Se se prefire consumir líquido, pode colocarse a porción necesaria en baño
maría.
Propiedades organolépticas da mel monofloral de silva de Mel do Saldoiro
👁️ Aspecto visual de cor ámbar claro a ámbar escuro, cristalización en tons dourados.
👃 Aroma vexetal a madeira, intensidade baixa e persistencia media.
👅 Sabor doce con toques salgados, con notas afroitadas e un retrogusto intenso a
madeira.
Principais características da mel monofloral de silva de Mel do Saldoiro
- Extraída por centrifugado en frío.
- Alta actividade antioxidante.
- Rica en potasio e minerais esenciais.
- Aporte natural de vitamina C.
- Certificada polo Consello Regulador Mel de Galicia.
¿Por que elixir mel monofloral de silva de Mel do Saldoiro?
A mel de silva é unha das máis abundantes en Galicia e destaca pola súa importante
capacidade antioxidante e o seu papel como alimento reconstituyente en situacións de
cansazo ou astenia temporal.
A súa composición rica en minerais, vitamina C e azucres de doada asimilación convértea nunha excelente fonte de enerxía natural, ideal para o día a día. Ademais, o seu aroma floral e o seu sabor doce con matices ácidos faina especialmente apreciada por quen busca unha mel equilibrada e con personalidade.
Todas as nosas mels son producidas de maneira artesanal no interior de Galicia. En Mel do
Saldoiro non aplicamos tratamentos térmicos que poidan alterar as súas propiedades
naturais, garantindo un produto 100% natural e 100% galego.
En Mel do Saldoiro analizamos cada lote, estudando parámetros como humidade, actividade
diastática, condutividade, HMF e análise polínica para definir con rigor a calidade e a orixe
botánica das nosas mels.
Español
Galego





