Mel monofloral breixo – Mel do Saldoiro
O mel de breixo está considerado como un tipo de mel con numerosos beneficios para a saúde grazas ás súas grandes propiedades. Ademais, en Mel do Saldoiro obtéñense seguindo procesos de centrifugado en frío onde a flor do breixo é a predominante. Sobre o seu espectro polínico, destaca por superar o 30% de erica. Os meles de breixo están considerados como un dos mellores para a saúde das persoas.
Descrición do mel monofloral breixo de Mel do Saldoiro
Mel 100% natural, cru e fresco que obtemos por centrifugado en frío desde hai máis de 80 anos. Procede do interior de Galicia onde abundan principalmente os breixos. Prodúcese de maneira artesanal, polo que conserva todas as súas propiedades.
Este tipo de mel ten unha cor ámbar en estado líquido, marrón dourado cando cristaliza, un aroma vexetal con toques florais e un sabor amargo.
Propiedades organolépticas do mel monofloral breixo de Mel do Saldoiro
👁️ Aspecto visual cun ton moi característico ámbar escuro.
👃 Aroma maiormente vexetal e floral, con certos toques balsámicos..
👅 Sabor inicialmente amargo cuns toques doces que deixan no retrogusto unha lixeira adstrinxencia.
Principais características do mel monofloral breixo de Mel do Saldoiro
✅ Extraído por centrifugado en frío.
✅ Rico en minerais.
✅ Rico en diastase.
✅ Certificado polo Consello Regulador Mel de Galicia.
Por que elixir mel monofloral breixo de Mel do Saldoiro?
O mel de breixo durante moitos anos foi utilizado na medicina tradicional grazas ás características que posúe. O seu poder diurético, antiséptico, desinfectante, adstrinxente e sedante fai que este produto natural en diferentes tratamentos poida mellorar a saúde das persoas.
Lembra que todos os nosos meles son producidos de maneira artesanal no interior de Galicia. Ademais, en Mel do Saldoiro non sometemos os nosos produtos a procesos térmicos que poidan degradar as propiedades naturais do mel, polo que recibirás un produto 100% natural e 100% galego.
En Mel do Saldoiro analizamos todos e cada un dos nosos lotes, estudando os parámetros de humidade, actividade diastática, condutividade, HMF e análise polínica para definir a orixe botánica dos nosos meles.
Ana –
Recomendoume unha amiga o mel de breixo de Mel do Saldoiro e foi un acerto.
Aurora –
Me encanta la miel de brezo de Mel do Saldoiro!!