Mel con noces

8,80 

O mel con noces de Mel do Saldoiro (400 gramos) é un produto ideal para gozar a calquera hora do día. Imaxina o teu iogur natural, requeixo, queixo fresco ou filloas cunha cullerada do noso mel galego combinado con noces, a combinación ideal para adozar o teu día.

Mel con noces – Mel do Saldoiro

É un produto galego elaborado a base de mel con noces procedentes unicamente de Galicia. A composición está formada nun 65% de mel e 35% de noces.

 

Mel con noces dispoñible tamaño de 400 gramos.

Este produto conformado por noces e mel galego é producido e envasado por Mel do Saldoiro.
Mel do Saldoiro só produce mel 100% natural e cru  – Mel galego de máxima calidade..

Principais características do mel con noces de Mel do Saldoiro

✅ Extraído por centrifugado en frío.

✅ Rico en minerais.

✅ Rico en diastase.

✅ Certificado polo Consello Regulador Mel de Galicia.

Beneficios nutricionais das noces con mel de Mel do Saldoiro

Coa mestura de mel e noces conséguense efectos positivos cardiovasculares e redúcese o colesterol. Ademais, as noces son froitos secos que achegan unha grande cantidade de fibra e proteínas, así como vitaminas ( A, B1,B6 e E ) e minerais como potasio, fósforo e ferro.

A combinación de vitaminas, minerais, proteínas e oligoelementos permiten contrarrestar a posible aparición dunha anemia e fortalecer o desenvolvemento de glóbulos vermellos, tan necesarios para o organismo das persoas.

 

Por que elixir Mel do Saldoiro?

Lembra que todos os nosos meles son producidos de maneira artesanal no interior de Galicia. Ademais, en Mel do Saldoiro non sometemos os nosos produtos a procesos térmicos que poidan degradar as propiedades naturais do mel, polo que recibirás un produto 100% natural e 100% galego.

En Mel do Saldoiro analizamos todos e cada un dos nosos lotes, estudando os parámetros de humidade, actividade diastática, condutividade, HMF e análise polínica para definir a orixe botánica dos nosos meles.

Información adicional

Peso 0,4 kg
3 reviews for Mel con noces
  1. Alicia

    Este exquisito mel galego con noces está tan boa que se pode consumir a diario 🙂

  2. Anónimo

    Produto saudable e delicioso.

  3. Rocio

    Pedido recibido en perfectas condicións e mel moi bo 👍

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.