Caixa de madeira – Mel do Saldoiro (2 tarros)
Leva o teu pack de 2 variedades de 500 gramos para gozar os nosos meles Mel do Saldoiro a un prezo especial. Elixe as túas variedades favoritas de mel e combínaas como queiras!
Non perdas máis tempo decidindo que elixir. Con este pack poderás degustar a súa cor, aroma, sabor e textura e daraste conta de que cada variedade ten un sabor único.
Buscas o agasallo perfecto para a túa persoa favorita? Acerta co noso pack de dous meles galegos!
Principais características do mel de Mel do Saldoiro
✅ Extraído por centrifugado en frío.
✅ Rico en minerais.
✅ Rico en diastase.
✅ Certificado polo Consello Regulador Mel de Galicia.
Combina o mel galego de Mel do Saldoiro como ti queiras
Por que elixir Mel do Saldoiro?
O noso mel é 100% natural, cru e fresco. Aseguramos a calidade do noso produto ao estar certificados polo Consello Regulador Mel de Galicia, desde 1989, un organismo que se encarga de supervisar a calidade, a orixe e a pureza do mel. Ademais, todo o noso mel prodúcese no interior de Galicia de forma artesanal, polo que conseguimos conservar todas as súas propiedades orixinarias.
Galicia xera unha contorna ideal onde gozamos dun bo clima con abundante choiva ao longo de todo o ano o que dá lugar a unha flora rica e variada que permite unha produción de mel, tanto monofloral como multifloral.
En Mel do Saldoiro analizamos todos e cada un dos nosos lotes e estudando os parámetros de humidade, actividade diastática, condutividade, HMF e análise polínica para definir a orixe botánica.
Antonio –
Unha gran idea pra regalar o pack de caixa de madeira, o mel mais rico que probamos
Anónimo –
pedido recibido correctamente. Moi boa calidade, repetirei seguro.