Un dos produtos galegos mais premiados
La Voz de Galicia publicaba, o 2 de marzo de 2023, unha noticia sobre os produtos elaborados en Galicia que máis premios reciben en certames internacionais. Entre estes destacan os queixos, viños, iogures, conservas de peixe e, por suposto, o mel.
Pulsa aquí e le a noticia completa en La Voz de Galicia.
Dentro da noticia, redactada pola periodista Maruxa Alfonso, podese ler unha breve explicación da historia de Mel do Saldoiro e da paixón que sentimos polo mel. Tamén explican que somos unha das mellores meles galegas, gañando 3 veces a medalla de ouro da cata Os Meles de Galicia, organizada pola Xunta de Galicia.
Dentro do propio artículo fan referencia aos triunfos que consideramos en Mel do Saldoiro e que pouco teñen que ver con concursos ou premios. Para nós o maior éxito é que as persoas que proban o noso mel gozan do producto, dunha mel galega, 100% natural e elaborada con moito agarimo e paixón. Como indica Maruxa Alfonso, a maioría dos nosos clientes son galegos, pero cada vez temos máis persoas interesadas do resto de España que preguntan polas nosas meles e interesanse por coñecer cada vez máis Mel do Saldoiro.
Para nós é un orgullo recibir este tipo de distincións e que medios como a Voz de Galicia fáganse eco. De todos os xeitos o que máis nos enche é que os nosos clientes estean satisfeitos co mel que compran e poder seguir facendo o que máis nos gusta, unha dos mellores meles galegos.