Entrevista en La Alacena Roja sobre a apicultura en Galicia
O pasado 24 de febreiro de 2022 entrevistáronme para falar de todo o que ten que ver co mel e a apicultura en Galicia. Tratamos aspectos moi interesantes como os motivos que provocaron que a produción de mel dos últimos anos reduciuse drasticamente. Explico como inflúe o tempo e especialmente a choiva para que as abellas non aproveiten ben a floración primaveral. E moitas máis cousas interesantes sobre as particularidades das abellas, o mel e a apicultura en Galicia. E por suposto que tamén falamos de Mel do Saldoiro!
Pulsa aquí e le a miña entrevista completa en La Alacena Roja.
Espero que gocedes desta entrevista e poder seguir compartindo as miñas experiencias e falando do que me gusta con diversos medios. Apaixóname a apicultura, o mel e Galicia, así que sempre é un pracer que me conviden a este tipo de actividades. Moitas gracias a La Alacena Roja pola oportunidade.
Se tedes algunha dúbida sobre a entrevista ou queredes preguntarme algo, non dubidedes en escribir un comentario e respondereivos encantado 🙂