A calidade de Mel do Saldoiro e premiada nos premios Paris Honey Awards
En Mel do Saldoiro estamos de parabén. Se fai uns días contábamosvos que La Voz de Galicia falaba que a nosa mel era un dos productos galegos máis premiado, agora recibimos unha noticia espectacular. Conseguimos unha distinción Silver nun dos concursos de meles máis importantes do panorama europeo, o prestixioso Paris Honey Awards.
Podedes ver o premio outorgado a Mel do Saldoiro nos Paris Honey Awards aquí.
O noso mel galego, 100% natural e sen aditivos chegou a París para ser analizada e catada por un xurado internacional que acabou destacando a Mel do Saldoiro como un mel destacado pola súa calidade, aroma, textura e sabor.
Para nós, é todo un orgullo o recibir este tipo de recoñecementos que non fan máis que demostrar todos os anos de traballo, esforzo e paixón para conseguir que un mel galego teña este tipo de distinción internacional.
Que é o seguinte? Seguir traballando para continuar por este camiño que levamos nos últimos anos e que os nosos clientes sigan gozando dun mel galego, 100% natural e dunha calidade e sabor únicos.
Queres probar o mel que gañou o Silver Paris Honey Awards? Resérvaa xa na tenda en liña de Mel do Saldoiro ou visítanos no noso establecemento para conseguila!