Óliver Laxe e Benedicta Sánchez promocionan o mel de Galicia con este vídeo

O Consello Regulador da IGP Mel de Galicia uniu de novo a Benedicta Sánchez e Óliver Laxe para crear unha preciosa peza audiovisual titulada “Un modo de vida”. Con este curto dende a Xunta de Galicia, buscase poñer en valor a mel galega na que tantos apicultores poñemos o noso esforzo, traballo e dedicación, un produto que compite a nivel internacional pola súa calidade e que día a día gaña adeptos.
Para que non perdades máis tempo lendo aquí déixovos o vídeo. Gozádeo e dicídeme que vos parece. Eu son moi partidario deste tipo de iniciativas, creo que a toda a comunidade de apicultores de Galicia benefícianos e pon en valor o noso traballo para crear un produto galego natural e delicioso.
O vídeo está gravado na casa do director, nos Ancares, unha zona de interior que do mesmo xeito que Lalín, permite transmitir as esencias galegas. Na presentación do vídeo, Óliver Laxe contaba que o mel de Galicia evocaba moitas cousas que para el eran moi importantes. O mel é un produto saudable, feito de maneira artesanal e que dignifica o traballo dos galegos mostrando todo o labor que se fai nas zonas rurais de Galicia.
Para nós, en Mel do Saldoiro, é un luxo que alguén como *Óliver Laxe promocione deste xeito os nosos produtos. Traballamos para crear produtos 100% naturais, con paixón e coidando ás nosas abellas para que todo o mundo poida degustar o mellor mel de Galicia.
Se queres saber máis da nosa historia, podes lelo aquí.
Cóntame nos comentarios que che pareceu o vídeo e que opinas deste tipo de iniciativas desenvolvidas polo Consello Regulador da IGP Mel de Galicia. Gustaríache que se xerasen máis contidos deste tipo?